Non me chames "haiku"
chámame VILARIÑA¡¡
CERTAME VILARIÑAS 2019
BASES.
Convócase o III Concurso de micropoesías “Vilariñas” no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.
Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. @s autores/as son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.
A temática será “libre”. Cada participante poderá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word e coa referencia de "CERTAME VILARIÑAS 2019" no título do correo. Cada vilariña terá o nome ou o alcume d@ autor/a. Tamén no correo deben figurar os datos de contacto d@ autor/a.
Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así o quixera @ autor/a.
Admitiranse obras desde o 1 abril até o día 31 de maio de 2019 , ás 23.59 horas.
A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que poidan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.
O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. Os integrantes da NPG, só poderán colaborar quedando SEMPRE fóra de concurso, por formaren parte do xurado. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas dúas semanas posteriores ao peche do concurso.
Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo <VILARIÑA> deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://npggazeta.gal e outros soportes dixitais. A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidad@s.
Polo feito de participar, @s premiad@s autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos.
NPG NovaPoesiaGuitirica
npggazeta@gmail.com
http://npggazeta.gal
Os Vilares lareira de soños
dosvilares@gmail.com
Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas