consello editorial

nova poesía guitirica

Logo_NPG_Luz_Darriba.png

branca villar

colectivo literario moraima

Logo_Moraima.jpg

xurxo gago

espazo común

GaZeta está participada polas agrupacións poéticas, adheridas á revista a través dunha persoa representante de cada unha delas, en igualdade para unha relación en rede.

consello editorial

colectivo literario in nave civitas

Logo_In_Nave_Civitas.jpg

teresa ramiro

versos de area

logo_versos_de_area.jpg

teresa ríos

participado

GaZeta define pautas de participación horizontal, claras e sinxelas para as persoas integrantes de agrupacións poéticas de base, poetas consolidadas e lectoras de poesía.

consello editorial

Irmandade

Logo_Irmandade_Poetica_Artistica_Galaico_Lusa.jpg-.-.

josé carlos ulloa

nómades do verso

Logo_Nomades_do_Verso.png

miguel queipo

Interagrupacións

-

pilar maseda

moncho bouzas

xelo teijido

-

posición editorial

A revista é unha publicación que non ten fins lucrativos, nin se rixe por criterios de carácter comercial.

 

GaZeta é unha publicación dedicada á poesia. Pretende ser un espazo colaborativo de expresión e comunicación de persoas que participan activamente en agrupacións poéticas cidadás de base.

 

GaZeta é un punto de encontro que promove o diálogo e o contacto entre persoas lectoras de poesía e poetas.

 

GaZeta ten como obxectivo divulgar textos literários libres e diversificados, desde o respeto á libertade ortográfica, idiomática, temática e de estilo.

 

GaZeta non asume a responsabilidade polas opinións expresadas nos textos, que son responsabilidade da autoría.

 

GaZeta a través do seu consello editorial, resérvase o dereito de optar ou non á publicación dos textos propostos a través de envío ao buzón da revista npggazeta@gmail.com.

 

GaZeta estará disponíbel en formato electrónico (PDF) e será difundida nas redes sociais a través da súa publicación en npggazeta.gal e en formato físico en recitais públicos de presentación.

GaZeta será editada para a súa venda e distribución en librarías, coa correspondente distribución tamén a través de internet en diferentes plataformas.

 

A revista sairá á luz no mes de xuño e será presentada no I Festival de Poesía Guitirica, previsto só se o COVID o permite para os días 12 e 13 do mes de xuño.