participa

agrupacións poéticas de base

npgGaZeta ten como finalidade fomentar a creación, consolidación e ampliación de agrupacións poéticas cidadás de base e ser un espazo de relación en rede .

Toda persoa interesada pode propoñer un texto poético para a súa publicación a través da súa agrupación  poética cidadá de base de referencia.

persoas invitadas

Atendendo ás solicitudes das persoas participantes realizaremos colectivamente  invitación a participar a poetas cunha traxectoria e aportación relevante á poesía galega contemporanea.

As persoas participantes de agrupacións poéticas aportarán un poema inédito, que ocupará unha páxina (páxina impar) da npgGaZeta na que se reproducirá o texto poético e se sinalará autoría e agrupación poética.

As poetas convidadas disporán igualmente dunha páxina (páxina par) contigua a da poeta propoñente, na que se reproducirá coa súa autorización poema da elección da persoa propoñente e se sinalará autoría e reseña bibliográfica do poemario (último editado da persoa escollida) que contén o poema.

canle de participación

Os textos serán enviados ao buzón:

npggazeta@gmail.com

espazo de edición

correo de participación

No título figurará o nome da persoa participante e agrupación poética a que pertence.

O corpo do correo conterá o poema inédito de autoría propia e o poema seleccionado da persoa invitada con reseña bibliográfica completa.

Incluirá a seguinte lenda: solicitei autorización a (persoa invitada) para a difusión do seu poema a través da participación no número cero de npgGaZeta.

 

bandexa de entrada

Os poemas recibidos serán publicados en npgGaZeta atendendo aos seguintes criterios:

-Orden de recepción.

-Orden de finalización da preparación no espazo de edición de npgGaZeta.

-Reparto equilibrado das participacións provintes das agrupacións poéticas de base.

ilustración

No correo de participación é preciso incorporar ligazón ao perfil de redes sociais ou foto das persoas participantes.

Para facilitar a elaboración por parte da debuxante ISABEL PARDO do retrato das persoas participantes que acompañará os textos.

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX