MARIOLA HERMIDA
LEVÁNTASE POLA MAÑÁ
levántase pola mañá
coas bágoas derramándose
enriba da camisa
e afúndese no rastro
que deixan as palabras
feridas
a princesa non oe outras voces
non escoita consellos
non atende a razóns
porque xa non pode
quere sentir o seu mundo
agochado tras os ombreiros
un mundo a cabalo
entre a realidade e a ficción
quere estoupar de novo
nun campo de ortigas
e tolear de febre e enchouparse
de súor amargo e botarlle se cabe
máis sal ás feridas
porque si, porque quere
porque xa non será máis princesa
nin dona so seu corpo
nin dona da súa mente
nin sequera mai dos seus fillos
PÁXINA 9
páxina impar vinculada MEDOS ROMERO
Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira
REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE