MILA VILLANUEVA

BODEGÓN

 

E quedáronse aí

sempre  vivas

louzás

            as froitas

inmersas no presente

e nesa cesta-nai

que as abeira.

 

Non perderán as mazás a súa condición

tentadoira, nin as uvas

a súa promesa de beixo.

 

E non morrerán as follas que as recollen e coroan.

 

Poderemos contemplalas

                        eternamente

coma verdes semprevivas.

 

PÁXINA 7

 

páxina par vinculada ANA GOMEZ PAVÓN

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX