EDUARDO ESTÉVEZ

A BAILARINA DA CAIXA DE MÚSICA 

 

semella durmida

cando acciono a manivela

o mecanismo produce

unha queixa

a bailarina renxe encadea

un movemento

entrecortado e volve

caer

inmóbil

sempre me gustaron

as caixas de música

pero téñolles un respecto

case místico

e por iso nunca merquei ningunha

esta é a única

que chegou ás miñas mans

como unha encarga vital

e consérvoa desde hai

moitas distancias

 

a primeira vez que tentei

facela soar

descubrín que o mecanismo

estaba irremediabelmente estragado

con todo

de cando en vez xiro a manivela

esperando o milagre

prodúcenme tenrura

os esforzos mecánicos

da bailarina

escoito o son roto

como unha música que provén

de máis alá da memoria

e volvo pousar a caixa

no seu sitio

na vitrina do salón

 

Sen-fin. Ed. Chan de Pólvora, 2005.

PÁXINA 54

 

páxina impar vinculada ROSA SALANOVA

 

baixarPDF.png

 

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX