ROSALÍA DE CASTRO

QUE TEN?

 

Sempre un ai¡ prañideiro, unha duda,

un deseio, unha angustia, un delor…

É unhas veces a estrela que brila

e outras tantas un raio do sol.

É que as follas dos árbores caen,

é que abrochan nos campos as frols,

i é o vento que zoa

i é o frio, é a calor…

E n`é o vento, n`é o sol, nin é o frio,

Non é…, que é tan só

a alma enferma, poeta e sensibre

que todo a lastima,

que todo lle doi

 

Cantares Gallegos, Ed Xerais, 2016. Estudo introdutorio de Anxo Angueira.

PÁXINA 50

 

páxina impar vinculada BRANCA VILLAR

baixarPDF.png

 

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX