BRANCA VILLAR

VIOLÍN

 

Queixumes ,

saloucos semellan ,

trova ,

canta ,

ri ,

chora ,

ama ,

cando o arco ,

treme nas cordas ,

entoa feiticeira melodía ,

métese dentro ,

fai o corazón alporizar ,

nun vibrato ,

danzar en notas musicais ,

con cada acorde .

Cando o violín entoa ,

ise cantar ,

morriñento ,

tristeiro ,

ou ledo,

que pode trocar ,

en carraxe ,

amizade ,

ou paixón ,

as notas musicais .

O tempo ,

os intrincados alegretos ,

o andante , adagio ,

sumando notas musicais ,

expresan sentimentos ,

fan fervelo sangue ,

e os latexos vaian ó compás .

Que nas veas ,

se debuxen pentagramas ,

en minueto ,

nos capilares ,

un vivaz ,

nas arterias ,

un rápido presto,

no cerebro ,

unha sinfonía de sensacións ,

que marcan as sinapses ,

a ritmo de alegro .

 

PÁXINA 49

 

páxina par vinculada ROSALÍA DE CASTRO

baixarPDF.png

 

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX