UXIO NOVONEYRA

CANDO O VIÑO ROXO QUE NON PERDE

 

          “Betanzos onde soupen que a ledicia

           pode ser tan fonda coma a door”

                                     Uxío Novoneyra

 

Cando o viño roxo que non perde o coor no cor,

xa non abonda a nosa sede,

chegámolos beizos a vasos máis fondos.

 

As ondas do río devalaban lenes,

levando as barcas soltas pró infindo do mar, a noite.

 

As mulleres eran verdadeiras como o viño.

 

As ondas do río levaban lenes

levando as ondas soltas pró infindo do mar, a noite.

 

A medida que o tempo pasaba alonxábame da morte.

 

As ondas do río devalaban lenes,

levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite.

 

No milagro longo coidei seguir sempre nas barcas devalando.

 

 

Betanzos Poema dos Caneiros e Estampas Editorial: Concello de Betanzos, 1998.

 

PÁXINA 48

 

páxina impar vinculada MARÍA PEREIRA

baixarPDF.png

 

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX