MARÍA PEREIRA

GALEGAS

 

No anaco da breve crisálida

dos tempos indivisibles do teu

pobo nas historias anónimas do

silencio escuridade e luz dos

teus camiños.

 

Son as ás dos seus soños o pórtico da túa gloria

o aeroporto no que sempre aterran os que

pariche volven máxicos e inertes ou vivos.

 

Renden contas ás raíces do carballo

son o vento do mar que chega no arrecendo

son as neves consteladas nos ceos dos seus ollares levan

nas mans as liñas dos marcos dos teus solares. Son a

canción secular do teu marcado e eterno acento.

A furia planetaria do eco da túa

voz a máis grande rede social

os pés atlánticos coa pegada dos teus montes.

A rosa dos ventos do teu corazón.

PÁXINA 47

 

páxina par vinculada UXIO NOVONEYRA

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX