LUZ AIRADO

PALABRAS SUBLEVADAS

 

Palabras sublevadas, enredadas a esas túas pernas toscas no mes da sega,

concubinas dos montes e dos prados esfollados en trevos,

fillas da fillastra dos mares,

de vós renego.

Sodes o apetito das malas linguas,

remendos coas augas mortas dos meus adentros.

Palanganas de sabedoría.

O escribir por escribir...

Pois de vós renego, hoxe amazonas dobregadas,

noutrora bravías amantes dos toxais e as súas chorimas pampas

sen escote que amosaren.

Palabras vellas, derrancadas nos vellos medeiros e camposantos,

orfas da linguaxe vaidosa que veñen de vestir estes meus tentos

aínda mollados,

curia de glosas sen autoría,

de grafías sen son e sen letra que pronunciarmos.

Ando na busca da primeira palabra.

 

5º Caderno de Estudos Chairegos

PÁXINA 44

 

páxina impar vinculada EMILIA MARTÍNEZ FUENTES

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX