EMILIA MARTÍNEZ FUENTES
QUERO
Quero perderme nos eidos
onde medran as palabras,
onde se visten de luz os sospiros da tarde.
Quero aboiar no arrecendo a liberdade
que trae o vento
e tece flores de follas resecas,
que perecen na inmensidade de mil outonos
e fan camiño...
Quero ser raio de luz difusa
que ás veces lisca dos teus ollos e párase nos meus...
Ser esa risa contaxiosa, que desprenden os beizos da inocencia dun neno.
Quero camiñar corredoiras fondas
onde tecen as silvas mundos escuros,
e falar con língoas esquecidas
en corazóns antergos...
E deixar sair o berro ceibe, das gorxas fondas,
ese que resoa na carballeira en forma de aturuxo
e agasalla na súa fonética... a liberdade.
PÁXINA 43
páxina par vinculada LUZ AIRADO
Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira
REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE