TERESA RÍOS

TERRA

 

Loito dende cativa disposta a

rachar con todo.

 

Limpo o barolo do espello onde

miña nai lava a pracenta,

axeonllada no río.

 

Corro descalza entre toxos e silvas.

O sangue plantar conéctame á terra,

deixando nela as miñas pegadas.

 

E berro como si estivese tola

para que nas nosas leiras pequenas

medren as ideas.

 

Escoito as bágoas no canto dos grilos,

a tristura no voar cansino das bolboretas.

 

Pódeme a raiba mirando

a necrose do agro.

O negocio do lume.

A falta de abellas.

A indiferenza do pobo.

 

E érgome no martelo e no estribo,

machucando necidades.

PÁXINA 41

 

páxina par vinculada ISMAEL RAMOS

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX