MIRIAM FERRADÁNS
DESHABITAR UNHA CASA
Na nosa casa nunca houbo columnas
só das ruínas fixemos fogar,
coma os paxaros que aniñan nas pallas
e perfeccionan o método.
A superstición esixía deixar
as contras entreabertas
para que pasara o aire
e mudara todo
un golpe de vento.
Deshabitar unha casa. Ed. Concello de Outes ( non venal), 2017.
PÁXINA 40
páxina impar vinculada CRIS AMOEDO
Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira
REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE