CRIS AMOEDO

ARQUITECTURA DO DESASTRE

 

Se cadra era a coitelada final

contemplar  aquela casa destruída 

na que non quixen vivir  a infancia 

e camiñar, vencida, polos meus cascotes.

Eu, a filla morta por dentro, a nai e a nena,

que non quere ver a sombra ás costas 

pero que non alcanza a luz nos soños alleos.

Eu, arquitecta de desastres, á intemperie, 

diante das ruínas coas que levantar, agora,

un mundo sen mans que nos suxeiten, 

no que ninguén teña que termar de nós

e sen traer a vergoña á casa dos devanceiros.

Camiñei polas engurras da faciana da avoa 

adormecín coa voz de fume do avó

e aspirei con cada calada dos cigarros

as bágoas de rabia dunha nai amante

que se suicida por amor aos fillos.

PÁXINA 39

 

páxina par vinculada MIRIAM FERRADÁNS

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX