XESÚS RÁBADE PAREDES

LABRARÁS O CIRCUNDO

 

RESTARÁS dos nacidos que viven a conciencia

todos os mal nacidos,

a estadea de mortos, defuntiños de seu,

os medios mortos por natural mérito,

os voluntariamente amortecidos, desnaturalizados

traidores a si mesmos,

só acaso dignos de purgar no túmulo.

Cos vivos de verdade,

coa procesión minguada dos que quedan

- quedades -,

labrarás o circundo e coidarás da Casa.

Farás decote e limpa con prudencia na fraga

do teu canto

para que a faramalla non teño ofusque nin cegueira

nin asombrar a raíz, que cría toros

aéreos e estériles.

E como a balumada da retórica pesa,

xemarás sangue novo nos esterpes do verso,

que o sol e o tempo poñen sempre brío

e aumentan a eficacia.

Cultivarás a terra como foi no principio,

repoñendo oliveiras, castiros e carballos,

e escoitarás nas croas de novo a voz do vento,

o agurgullar das augas e a frauta dos paxaros.

Recibirate o barro que un día te amasou, pura

promesa,

non para malvivires como paria urbanita

nin atender pauliñas

de enganadores de tribuna e púlpito.

A vida é breve. Terás de gobernala lonxe

da barafunda e do cemento,

que é ríspida a existencia na intemperie,

nos guetos para escravos de todos os suburbios.

É sumamente indigno pasar un aro polo que non

abes,

Innobre sucumbir ante as caretas de tanto

mequetrefe ben portado.

Máis vale a pauta do pimpín metrónomo

e o tempero de xílgaros, paporrubios e merlos.

 

Fronte ao mar que comeza no abrazo a Cortegada,

irás bebendo ventos que desde o alén regresan

para cifrar mensaxes na ribeira.

O areal garda os aires de andares que xa foron

- indeleble pegada -

porque tamén a area ten memoria se dignidade

amosa quen a pisa.

Fuxindo en certo modo de ti mesmo

-i murga oratoria de parlamento e tasca!-,

vives, escarmentado da guerra das bandeiras,

consciente de que a túa continúa abatida.

Abominaches sempre, non por seres máis puro,

da luminaria estéril de foguetes,

dos que se din irmáns e camaradas por máis que

se aborrecen.

E apagado os ruídos para que as voces cheguen,

un paciente tesouro que o chan garda

para quen o procura e acaso non merece.

 

Memorias do Corpo. Ed. Galaxia, 2018.

PÁXINA 34

 

páxina impar vinculada PILAR MASEDA

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

 

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX