PILAR MASEDA

MEMORIA NA PEL

 

Antes de nacer

naveguei en barcos mercantes

zarpando dos peiraos do mundo

surcando os océanos sen medo

antes de nacer

tripaba o terrón no útero de miña nai

na terra irmandiña de lanzas e ferro

Antes de existir

fun un laio circunstante

dividido por regos de miseria

na resistencia vilega “Tras do Poxigo “

un ariete fronte aos usurpadores

na nosa despoxada Palestina

despois da guerra fracticida

Antes de berrar

polo dereito a respirar.

marcada estaba pola dor herdada.

Porque as miñas mans

traen unha dor antiga

antes de ter forma o meu corpo

fun moitos eus noutros

 

Antes de camiñar

 

bailba coa druída Guntina

a seus cadrís atada

e diante da portela do forno

a avoa Riqueta cantábame

anainas en compases de agarimo

Antes de ser semente

xa tiña memoria o meu destino.

Porque as miñas mans

traen unha dor antiga

e na memoria os deja vu

dun pasado de penurias

Antes de amar

traía gravado o código do meu clan

sabendo ben de onde veño

veño da tribo “ Da Porta de Cima “

veño da tribo de feirantes

celme identitario da vila

Veño da Treba labrega

sementada por mulleres

latexo de Trebarunas

loitadoras na vida

Veño...

das miñas sabias àgrafas!

Sabéndome xa,

unha muller indomabél !!!

PÁXINA 33

 

páxina par vinculada XESÚS RÁBADE PAREDES

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX