OSCAR DE SOUTO

TEUS CABELOS SON ARGAÇOS ENTRE-TEÇIDOS

 

teus cabelos son argaços entre-teçidos

as túas pestanhas .... espinhas de escarapote

e son túas cellas.... pelo verde das areas

e nos teus ollos tes tatuado

o açul do mar

nas túas orelhas soan os rujidos das mareas

e descalça caminhas entre as ondas

 

...

 

tes cunchas ata nas terras d´ teu berçe

pois eres esteiro d`ribeira

e baija-mar

lagoa en calma,

meu repouso

 e

alta paz !!!

 

... 

 

e chían-che maçaricos nas rodelas

cando a nôite

é o meu rapto voluntario

.......a media luz

 

....

 

e adéntro-me no fondo do teu fondo

e apalpo os teus peitos moles

pra ser ardora e caçador

pra ser a miúda sombra fujitiva

 

....

 

porque quero ser parte túa nos canais

..... e animal .....

.... nas túas fragas de rochedos

e caramujas

...

 

meu esteiro d`ribeira e baija-mar

lagoa en calma,

meu repouso

 e alta paz !!!

 

PÁXINA 31

baixarPDF.png

páxina par vinculada EDUARDO PONDAL

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX