CLARA VIDAL 

ELABORO NA TÚA PEL 

 

ELABORO NA TÚA PEL

unha mestura de gres

que debuxa o tanxíbel da outra parte do ceo.

 

Os vinilos viaxan,

no entanto,

         a trinta e tres revolucións cada minuto.

 

As túas mans son rápidas.

 

Fálasme de cultura sofisticada

no acompañamento ao piano

coa acústica do comedor da casa dos inicios

 

e pídesme que non marche.

 

Paso follas do repertorio mecanizado

para o que aínda

(sempre)

me necesitas.

 

A música do disco soa desde o cuarto.

 

O pedal esquerdo percute sons

da textura do teu brazo móbil

no movemento máis alegre.

 

Ao final,

todas as pezas

rematan.

 

Linguaxes dixitais. Ed. Urutau, 2018.

 

PÁXINA 30

 

páxina impar vinculada MONCHO BOUZAS

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX