ANTÓN DE GUIZÁN

EU SON

 

Eu son

ti es

nós somos

sobres e nubes impermeábeis e mollados

somos plástico, somos latas de aceite “La Giralda”

carcasas de toxos, vento do seixo branco.

Eu son lata de marmelo

somos o amor astrónomo, somos cosmos

poemas de Eratóstenes

vagabundos mundanos, planetas errantes

que medimos as distancias con pasos

pintamos aneis eléctricos e diamantes

tatuámonos con tizóns de rosas

e comprometémonos con pratos voadores

somos así replicantes.

Temos marcas na cabeza e pernas adornadas

alcanzamos fondos pensamentos

en cancións de duración ilimitada

poemas homéricos

anaximandros e heráclitos.

Fomos muíños no tempo

agora somos taberna de teito de xestas

comemos sardiñas en lata “ A churrusquiña”

con verza rizada e pataca de Vilalba

apócemas sagradas de bidueiro

embriagámonos de fonemas extasiados,

desmesurados

de optalidón parecemos dopados 

como os vellos de hai corenta anos

e non nos dá reparo.

 

PÁXINA 3


páxina par vinculada TOÑO NÚÑEZ

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX