MONCHO BOUZAS

OS PECIOLOS DO INVERNO PASADO 

 

os pecíolos do inverno pasado

erguéronse da beirarrúa

transmutados en frondosidade

pousada navegando o vento tenue

 

navego só

 

na alameda os farois

prenden vigorosos para alumear

o paso decidido

e despois permanecen

 

camiño soa

 

trazados a pulso tres

meridianos de capricornio

no océano trenzan

redes magnéticas

 

navegación coa seguridade

da tecnoloxía do cadro de bitácora

tarabela o compás imprevisto

e o barco paira imperceptíbel

 

a pel do antebrazo menos exposta

ao sol e ao salitre

o espazo métrico decimal

escaso dunha boca apenas

 

no océano sen compás

a trinta e sete graos xustos

a barlovento

o barco brinca riba nas ondas

 

e rompe no mar a amura de proa

máis alá do capetón

acaso un sorbo de auga cóncava

na man para a singradura

 

ou da caída en bicicleta

a cicatriz no iris da mirada

visible na alborada da mañá

na riqueza cromática que conformamos

 

PÁXINA 29

baixarPDF.png

páxina par vinculada CLARA VIDAL

inicio npgGaZeta nº 0

índice

 

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX