ANXO BOÁN

SONETO 

 

Contigo soñei, miña bolboreta,

tal aquela meiga da profecía,

escribíndoche un poema cada día

para recitarcho baixo a lúa discreta.

 

Soñeite xoven, fermosa, coqueta,

inalcanzable na miña porfía;

Soñei que ti eras a miña poesía,

e que eu aspiraba a ser o teu poeta.

 

Soñei con que me deixabas a lúa acesa,

que acesa estaba tras o meu espertar,

e que a noite xa non me daba medo.

 

Soñándote sigo, miña princesa.

De cada suspiro sae un bico ao ar

e de cada latexo un suspiro aedo.

 

PÁXINA 27

baixarPDF.png

páxina par vinculada JOSÉ CARLOS ULLOA GARCÍA

inicio npgGaZeta nº 0

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX