FERNANDO GARCIA PENAS

CANDO TEÑAS DE SAIR CARA A NOITE 

 

Cando teñas de saír cara á noite

e obrigue o pan e a cor dos días,

pecha néboa no peto,

farase máis lúcida a grilanda da dignidade,

vagariño asolagado

de balor cuberto

non te cegará o brillo das ausencias.

Camiña silente, enxuga o humor

da tristura por todo desvarío tenro;

compraza no leito inerte o día,

atravese a carne

con vidro metálico

o río da separación.

 

Cando subas (ou baixes) o primeiro chanzo da noite,

lembra que a escada é estreita e longa

e está chea de sombras que baixan (ou soben),

xa gobernaron na noite,

xa ó alborecer coa noite se confundiron,

inmisericordes tropezan

regresan a onde ti sobes (ou baixas).

 

Cando na metade da escada gaduñes na noite,

olla poutas limpas, teñen as sombras

o tacto suave e a liña invisible

mol o sentimento.

 

Cando teñas de marchar do agarimo

e un fulgor deveza por apropiarse de ti,

recolle o cuarto e pecha as ventás

se has deixar sen presenza os da casa,

quede aberta a porta da cociña

acesas as luces

na mesa a xerra de viño

os pratos servidos.

Sexa a marcha de media carreira talvez

queiran amores descalzos alancaren tras túa.

 

Cando teñas de marchar do agarimo, ou entrar na negrume,

ou no pracer figurado e frío,

ou agarde eternamente alguén o teu regreso,

ou teñas de outorgarlle a cada existencia o seu adeus.

 

bolboreta espida

rebentaches o encordado da crisálida

latexo de avelaíña

mancas na brisa lenta que abre a derrota

maino bater de ás

 

ou teñas de outorgarlle a cada existencia o seu adeus

 

Revista Xistral nº 20, 2017.

 

PÁXINA 26

 

páxina impar vinculada JOSE CARLOS ULLOA GARCIA

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX