JOSE CARLOS ULLOA GARCIA

DESAPARECE A MATRIA 

 

Fan carrilleiras os valados, rexos sentinelas dos tempos

sobre os corazóns dos canteiros que os levantaron.

 

Derrúbanse as palleiras, os tesouros das familias

sobre os corpos que tanto traballaron.

 

Esbarroan os hórreos, os supermercados das aldeas

sobre a alma das eiras e da conciencia dos pobos.

 

Can os fornos, as panaderías da Matria, o sustento da Gallaecia,

a semente das nosas mesas galegas.

 

Xa non cantan os eixes dos carros, apodrecen os fungueiros, as cabezallas,

os ladrairos sobre os camiños que transitaron.

 

Desaparecen os xugos, símbolo da unión galega

sobre as xugadas que tantas veces xinguiron.

 

Morre a aldea, morre a fala, morre a terra… desaparecerá a Matria.

 

PÁXINA 25

baixarPDF.png

páxina par vinculada FERNANDO GARCIA PENAS

 

inicio npgGaZeta nº 0

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX