ROSA MARÍA MARTÍNEZ DIOS

NA BAGOA DUN SALSEIRO

 

Nas paredes do vento,

o debuxo dun neno, unha tatuaxe do mar,

o código escrito con pegadas de salitre

do camiñante que chega á casa con bágoas nos ollos.

A mensaxe dun mar viaxeiro que non cansa ao escribir

metáforas de sol en cada vértice,

a voz esgazada

de quen asina ao pé dos cantís mil ducias de poemas.

Se eu soubera descifrar os seus murmurios,

se soubera definir as engurras da pel da marusía,

deixar un pouso de sal en cada pedra do camiño.

Se soubera, rodear a cintura das horas coa escuma efémera

do vaivén das ondas,

se soubera  facer meu o discurso de poesía

do devalo da marea,

se soubera reflectir os seus espellos

na procura dun verso tinguido de anil,

se fora quen de ler nunha burbulla de mar,

nunha pinga salgada, na esfera dunha bágoa súa,

acharía o resumo de tódolos poemas…

 

PÁXINA 23

baixarPDF.png

páxina par vinculada XOSÉ LEIRA LÓPEZ

 

inicio npgGaZeta nº 0

índice

 

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX