RICARDO CARBALHO CALERO

ENVIAREI-CHE ESTA CANCIÓN

 

Enviarei-che esta canción

cando te esqueza.

Saberás entón que te amei.

Cando ja non te ame.

 

Mentres arda no lume teu,

terei-no oculto.

A chama brillará ante ti,

cando ja non me queime.

 

Canción que ha confesar amor

que ja non arde.

Aguardarei pra cha ofrecer

a te ter esquecido

 

E se morro sen cha enviar,

morrin querendo-te.

Nunca saberás que te amei

se non te esquezo nunca.

 

Futuro Condicional ( 1961-1980), Ed. do Castro, 1982.

 

PÁXINA 20

 

páxina impar vinculada LORETO DE CASTRO

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

 

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX