LORETO DE CASTRO

AGORA QUE XA NON ME GUSTAS

 

Agora que xa non me gustas

agora que xa non te quero,

mírasme como se esperaras

aquilo que tantas veces soñei.

 

Agora que xa non te escribo

esperas con impaciencia

as miñas mensaxes

e cada vez que estou en liña,

imaxinas que estou pensando en ti.

 

Agora que xa non me gustas

son quen de falarche

moi despacio, para que saian

dos meus beizos

tan só palabras doces,

xa non escapo da túa ollada

e por fin entendiches

que ninguén te sorrí coma min.

 

Agora que xa non te quero

daste de conta que queres

os meus aloumiños,

gústanche máis

que todas as mensaxes de whassap.

 

Namóraste cada día

todo o que che faltaba

por namorarte de min.

 

E todo isto

que está a pasar

entre nos

é posibel,

por que xa non te quero

 

Ou si?

 

PÁXINA 19

 

páxina par vinculada RICARDO CARBALHO CALERO

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

revista de agrupacións poéticas de base

os vilares lareira de soños MMXIX