LIA SANTISO

POETA

 

Fuches ti quen me fixo poeta,

co teu silencio.

 

As verbas non pronunciadas

envelenaron o meu sangue,

agromaron nos meus ósos

 

Fuches ti quen me fixo poeta,

coas túas espiñas.

 

O paso do tempo de nada serviu,

as cicatrices son tiranas,

as pegadas na alma, imborrables.

 

Fuches ti quen me fixo poeta,

coa túa omnipresencia.

 

Engancheime no pasado,

afundinme nas túas lembranzas

e construín a miña propia áncora

 

Fun eu a que me tatuei "poeta"

para non esquecer

que ninguén pode voar

cun áncora nas entrañas.

 

PÁXINA 17

 

páxina par vinculada EVA VEIGA

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX