MIGUEL QUEIPO

IRMÁ

 

Choro a túa partida

Con bágoas que anubran

O esqueleto das palabras.

Baixan mortas de sede

Ata o precipicio dos soños

Onde latexan as cicatrices

Á espera dun milagre.

Irmá, teño no peito gardadas

Unha árbore de escuma,

Un querubín feito cachizas

E un regato malferido

Ateigado de lembranzas.

Nos farrapos da miña memoria

As neuronas sen rumbo

Percorren o universo

Só para poder descifrar

a linguaxe da túa alma

 

PÁXINA 13

 

páxina impar vinculada ANTÓN BORRAZÁS

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX