ANA REY GAY

MEU BEN

 

Achégate a min meu ben

porque a noite está moi fría,

achégate a min meu ben

porque teño moita morriña,

morriña de rexuntar

a túa cariña coa miña.

 

As Sabas están moi frías,

achégame os pés tamén

porque soio quero lembrar

que isto é unha lúa de mel.

 

A manta está mollada

de tanto chorar meu ben,

soiña no meu pasado,

soiña non se está ben.

 

Agora ó estarmos xuntos

o meu corazón latexa,

entra en calor o meu corpo

porque volve a ter viveza.

 

Roteiro das artes, vv.aa. (Coord. Estévez López, José).

Ed. Redelibros, 2016

 

PÁXINA 12

 

páxina impar vinculada ANA VILA PORTOMEÑE

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX