ANA VILA PORTOMEÑE

CONVERTE

 

Converte as túas bágoas

en fermosas  bolboretas,

e deixa que voen ceibes

para que xamais pese a ilusión.

 

Converte a túa voz

en eterna luz de estrelas,

e deixa que brillen firmes

para que xamais cegue o valor.

 

Converte as túas máns

en porta sempre aberta,

e deixa que den apertas

para que xamais afogue o amor.

 

Converte o que fas

en todo o que sintes,

e deixa vida no estar

para que xamais morra o corazón.

 

Converte o que sintes

en todo o que fas,

e deixa estar na vida

para que perdure o teu gran don.

 

PÁXINA 11

 

páxina par vinculada ANA REY GAY

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas proxecto maría balteira

PortadaGaZeta.png

REVISTA DE AGRUPACIÓNS POÉTICAS DE BASE

os vilares lareira de soños MMXIX