MEDOS ROMERO

NADA NOS PERTENCE. ABANDONAMOS

 

Nada nos pertence. Abandonamos

a profundidade das horas, o alcance de toda a rendondez

e as súas beiradas. Una chaira gris e cincenta segue a ser

o territorio e a súa estirpe. Sobre

terra firme inzou a maleza

da quietude, aquí, no oco deste

corazón asolagado de silencio.

Ollamos a vertixe brutal, o seu último latexo,

o cráter e a súa boca inmensa desafiando o ceo

e o horizonte. Toda tarefa ha de ser inútil.

Orfos da casa matriz e primixenia, sen remedio

admitimos o despece da cova, con todo o seu letal

derrubamento.

 

A Ansia do lóstrego, Ed. Follas Novas (Libros da Frouma), 2012.

 

PÁXINA 10

 

páxina impar vinculada MARIOLA HERMIDA

baixarPDF.png

inicio npgGaZeta nº 0

índice

Somos npgGaZeta estraperlo participa vilariñas

PortadaGaZeta.png

os vilares lareira de soños MMXIX