participa
agrupacións poéticas de base
npgGaZeta ten como finalidade fomentar a creación, consolidación e ampliación de agrupacións poéticas cidadás de base e ser un espazo de relación en rede .
Toda persoa interesada pode propoñer un texto poético para a súa publicación a través da súa agrupación poética cidadá de base de referencia.
persoas invitadas
Atendendo ás solicitudes das persoas participantes realizaremos colectivamente invitación a participar a poetas cunha traxectoria e aportación relevante á poesía galega contemporanea.
As persoas participantes de agrupacións poéticas aportarán un poema inédito, que ocupará unha páxina (páxina impar) da npgGaZeta na que se reproducirá o texto poético e se sinalará autoría e agrupación poética.
As poetas convidadas disporán igualmente dunha páxina (páxina par) contigua a da poeta propoñente, na que se reproducirá coa súa autorización poema da elección da persoa propoñente e se sinalará autoría e reseña bibliográfica do poemario (último editado da persoa escollida) que contén o poema.
canle de participación
Os textos serán enviados ao buzón:
npggazeta@gmail.com
espazo de edición
correo de participación
No título figurará o nome da persoa participante e agrupación poética a que pertence.
O corpo do correo conterá o poema inédito de autoría propia e o poema seleccionado da persoa invitada con reseña bibliográfica completa.
Incluirá a seguinte lenda: solicitei autorización a (persoa invitada) para a difusión do seu poema a través da participación no número cero de npgGaZeta.
bandexa de entrada
Os poemas recibidos serán publicados en npgGaZeta atendendo aos seguintes criterios:
-Orden de recepción.
-Orden de finalización da preparación no espazo de edición de npgGaZeta.
-Reparto equilibrado das participacións provintes das agrupacións poéticas de base.
ilustración
No correo de participación é preciso incorporar ligazón ao perfil de redes sociais ou foto das persoas participantes.
Para facilitar a elaboración por parte da debuxante ISABEL PARDO do retrato das persoas participantes que acompañará os textos.