TOÑO NÚÑEZ

 

elas

 

como ser o todo sen a parte

como ser barco sen temón

nin vela

como navegar sen estribor

como ser!

fágase a luz!

elas non naceron da costela de Adán

nin eu nacín da treboada

elas son ese río

que é mar

dadoras de vida

elas…

elas ensináronme a conxugar

o verbo amar.