TENSI BAUTISTA

 

A quen obedece o un por cento

sen patria nen goberno

que na sombra case idílica

con soberbia maestría

doblega ao resto ?

     Onde están os zánganos

da industria de matar

que se apropian dos insumos

e aplastan sen piedade

a capacidade  de voar?

       Aí están.

Programando  a colmea,

Aceleran o proceso

de atomización controlada

sen transición

do traballo ao ocio.

e aillan en cadansúa cella

ás obreiras

para acrecentar o negocio

das farmacopeas,

e de paso garantizar

que  non zumben

as abellas proletarias.

    E aí está

o resto, impasible,

sen posibilidade de acción.

que asiste alineada

á destrucción

ao traverso dunha caixa

de tupida rede iluminada..