QUIQUE ROXIOS

 

Extrarradio.

 

Periferias,

suburbios

de cercanos contornos indecorosos.

 

Nas aforas das aforas

solares en venta

nas beiras

dos camiños de ferro.

 

Vía estreita en desuso.

 

Broza a feixes

abrazos de mofo

arteiras

e xoguetes desfeitos.

 

Candados que xa nada atesouran.

Ventás abertas

ao precipicio dun túnel

sen saída.

 

Chove nas casas

sen louxados.

 

Pero o paraguas roto

aquí síntese proveitoso e afortunado.