MARTA GONZÁLEZ ALONSO

 

Highland Chieftain

 

As esperanzas

morren

nas distancias.

Cando volveremos?

 

Fillas e fillos de aldeas,

con nostalxia nos ollos,

axitan,

no aire,

as súas ás brancas.

 

Quen adiviñará,

agora,

as nosas vidas?

 

Marchas forzadas

ata

novos mundos.

Descansa o son do carro,

refuxiado

nos baúis transatlánticos

dos recordos.

 

Cando volveremos?

As esperanzas

morren

nas distancias.