MARÍA JOSÉ VIZ BLANCO

METAMORFOSE

Arribou o tempo en branco e negro

no que o individuo, multiplicado

en parellos rostros,

en corpos amorfos e atróficos,

camiñe a catro patas

tralo alimento do ermo maldito

no que se converteu

este planeta amado.

o que destila sangue polo puñal do abandono.

Agora, moribundo,

procura a salvación soñada,

esa herdanza utópica

que afaste a proximidade da morte

dos febles alicerces afogados

a piques do aniquilamento absoluto,

da luz extinta.