MAICA PASTORIZA

 

BANDAZOS SEN RUMBO 

 

Escríboche dende a soidade, de esta noite gris, 

saio a vagar coas xanelas da miña alma, 

abertas e a vez axitadas polo vento da vida, 

xa nada agardo de min, nin sequera a tibia ... 

luz da lúa, que antano acordaba, 

ou a imaxe das estrelas que , desde o ceo me alumeaban. 

 

Mendigo fun, mendigo da vida, procurando nos recunchos, 

máis recónditos, esa migalla de amor, ese aloumiño, 

esa verba e quizais esa mirada, pola que suspiraba. 

 

Máis non a atopei, amor, aínda que as veces, 

ansiei barruntar un pouco de todo, máis era un espellismo, 

algo que a miña alma sedenta, imaxinaba; 

no deserto do amor, bandazos sen rumbo fixo, 

sen norte, sen temón, procurando unha gota de amor ... 

que saciara a sede dos meus sentidos. 

 

Agora estou cansa, cansa de vivir e mendigar, 

cansa de amar, cansa de soñar tan só soños, 

cansa de cantar versos e anhelos, 

cansa de pregar ao ceo, voume, voume, 

as miñas pisadas quizais me leven a outro soño, 

outro devezo que xurda, que alimente, 

a miña alma, os meus sentidos.