JOSÉ  CARLOS ULLOA

 

A LAREIRA

 

Cangadiño está o rexo pau de fumeiro,

polo paso dos séculos da bremanza,

xirando aínda sobre a memoria,

das noites de contos que alí se contaron.

 

 

Aínda sostén á robusta gramalleira,

símbolo da unión da familia,

en torno o pote da mantenta,

ao carón do lume da xuntanza.

 

 

Sobre o esteo descansan os candís de carburo,

que tantas follas de libros e revistas alumaron,

nas brancas e xélidas noites de inverno,

ao carón do lume e das nosas xentiñas, que tanto nos amaron.

 

 

Como me gustaba de cativo

sentar no escano de castiro,

alimentar aos capóns da capoeira,

mentres a avoa colocaba os pratos na espeteira.

 

 

Lembranzas, lembranzas sagradas da nenez,

recordo os meus debuxos sobre a cinza vella,

cando pintaba esa boneca coas trenzas loiras,

que se esluía coa vasoira do novo día.

 

 

Lembro a madriña amasando no pan ácimo

na artesa vella chea de feluxe,

de charrizo de antano, daqueles tempos amados,

lembranzas de luz, de lume e de vida.

 

 

Na miña memoria os chourizos novos,

colgados de finísimos paus de vimbio

na cambota afumadora de recordos,

de sagradas lembranzas da felicidade de antano.