ENRIQUE RODRÍGUEZ   

                           

A PRIMAVERA

 

Estase a achegar a data

en que casan os paxariños

e andan todos coma tolos

tratando de facer o niño.

Tamen surxen ao caròn

flores e froitas de abondo

que recordan a estación

a primavera de trasfondo.

Non podemos nin debemos

esquecer o día da poesía

unha data para nós inesquecible

que da alento as nosas vidas.

Amais este mes de marzo

é precursor de moitas cousas

pois xa os días son mais grandes

e medran proxectos e obras.

A pandemia nos deixou

un pouco descolocados

pero sempre retornaremos

ós sitios que mais amamos.

Hai moito que celebrare

o primeiro é estar vivos

despois o mais importante

sen dùbida é ter amigos.

Por iso estou encantado

de poder escribir isto

que aínda sen ser unha xoia

é un laio do meu corazón.