CLARA BLANCO VERES

 

Monólogos con Eco

 

Un río de almas mirame cun sorriso

mentres baixa un monte atrapado.

Un resplandor móvese ao lonxe

e intrigame a súa baleira soidade.

Os dinosaurios comen follas frescas das árbores.

Escribo estes versos preguntándolle a un ceo estrelado

como cheguei aquí.

En resposta vexo bruma verde

e oio músicas de piratas

atados a mastros loitando contra temores irreais.

Estou atrapada nesta beira

mentres escoito un tren

de persoas inertes preparadas para a vida.

Chegánme recordos da miña morte social

agasallándome coa única compañía

das verbas máis fermosas de Eco.