CARMEN DE MILMANDA

 

Poesía do por suposto

 

vivir

a carón dunha ameaza

 

entre a espada 

e a parede

 

e tanto ten 

cantas bonecas

vestidas de azul

ou de verde

ou de amarelo eléctrico

tivemos algún día

 

cando non nos fixabamos

nos solpores

nin no calor dos abrazos

porque os dabamos 

por suposto

 

tanto os solpores

coma os abrazos

 

case sempre

o máis importante

de todo

é o que algunha vez

demos por suposto