BRANCA VILLAR

TELEMORRALLA

A choiva azouta con forza
nos vidros da xanela ,
prendo a TV
cambio de canle
escoito o telexornal ,
moitas mentiras
poucas verdades
e por riba a medias ,
solto polo baixo
varios improperios
de seguido
pensado en voz alta
un :
¡ Ide tomar
por onde se empezan os cestos!
Poño a mascariña
saio á rúa
vou camiñar
tropezo coa veciña
que a dous metros berrando
ponse a falar:
¿Viche fulanita que desconsiderada ?
Púxolle os cornos a menganito
non me entero de nada
do que está a contar...
resulta que e o programa
de moda
que telemorralla está a dar .
Pfff ¡ que sufrimento !

mellor voltar o fogar
penso para os meus adentros .
Chego a casa
poñome a pensar
¿En que sociedade vivimos
que non se percata
dos acontecementos graves
que están a pasar?