Ana Vila Portomeñe. Poeta Labrega

 

Galicia nobre

 

Ten Galicia

baixo as estrelas,

montes que florean

ó carón das leiras,

ondas que veñen e van

con agarimo a moreas,

e no mundo, espallada

morriña que consola e doe.

 

Galicia nobre,

amosas todo con sol

e nada escondes se chove.

 

Ten Galicia

baixo as estrelas,

lobos que sonean

co cantar das meigas,

historias que din e fan

camiño por pedras ledas,

e polo mundo, namorada

fala que sempre se oe.

 

Galicia nobre,

amosas todo con sol

e nada escondes se chove.