ANA MAR FRAGA RABADE

 

Entoldado mundo da fuga dos días,

onde vivir un momento diferente

e transitorio.

Pegadas no duro asfalto, enxergan

horas non eternas de morte escrita

en verso.

Barca da árbore e lúa, adentra na

cova da lembranza, labrando pulsos

pétreos no herdado universo.

Hedonismo en calma e pasaxeiro

gozo, cicatriza, e supura dor, sendo

doenza múltiple.

Ergástulo da vida roubada, dun

pensamento que eu escribo e ignoro,

facendo calar un instante eterno.

Dragas dun rosario en turbas augas

dos nosos, das mans que xa non

temos.

Non vemos o inimigo!!!

Chámase covid.