Alberte Momán

 

1 [14] 1

<<Pérdome na indefinición do poder. Perciboo dentro

e sobre todos os muros. Recoñezo os seus recursos nas

conversas que escoito ao pasar, nos aparellos electrónicos,

nos mandados dos seus pais aos seus fillos, nos libros, na

información que se dispersa por todas partes.>> O poder crea

o non lugar, elimina a esencia dos espazos, deshumaniza as

estruturas. É o pai de todos os exilios.

 

Poema do libro 1[14]1 de Alberte Momán, publicado por Editora Belagua no 2019.

 

Páxina 77 Recensión 8