Jacobo Sánchez Quintela (Jaki)
FUXIDA
As gotas que a chuvia debuxa na cristaleira
no exterior do Xugo ;
xemelgas das ondas que bailan nalgunha retina
ou das liñas que na estrada
iluminan o camiño que dende a barriga do bar
difícilmente se pode seguir,
son bagoas miñas e túas. Invisibles.
Tantas veces nos acompañaron da man!,
aquí e acolá: ao pé da barra,
onde outra bagoa de cervexa escorrega agora
dos labios do vaso.
Páxina 75