Cris Amoedo

CrisAmoedoIlustracion.jpg

120 MILLAS NÁUTICAS

 

O teu e o meu azul

miradas arraianas de fusión impenetrable

combinadas sen xamais complementarse.

Cerúlea, eu, co pensamento sempre

mergullado nun ceo baleiro;

pardela cinsenta perseguindo incontentable

polas túas costas a Vía Láctea;

carrán ártico sen aniñar xamais no teu estio,

sempre de paso e sen buscar acougo.

Ti mentres azul exeo, gris e inmenso,

farallón oceánico insondable e estático,

con das Estelas amencendo nos meus ollos

incomprensible como a útopica distancia

que nos separa, case 120  millas náuticas,

de sucumbir á nosa propia mareira.

 

Páxina 69