Ana García

AnaGarciaIlustracion.jpg

O Bico

 

Non é o primeiro bico

co que soño

ou boto de menos,

ese bico tenro e medroso,

non é o que gardo

no meu pensamento.

O húmido e lene

con ulido a desexo,

o que acende

meu corpo,

o que pasados os anos

foise alongando

e perfeccionando,

que se deleita

no pracer e compracer,

o que foi volvéndose

dúctil e lento,

que sorpréndeme,

que aparece cando

menos  espéroo,

o que se expande e contráese,

como un buraco negro,

que me fai sentir

unha estrela no universo…

¡ ese é o bico que quero ¡

 

Páxina 68